“Blogs&Política: militancia e cidadanía”
Hoxe viñeron falar á nosa agrupación Jose Manuel Lage, Deputado e Jose Luis Prieto, Reputado;
Ámbolosdous fixeron énfase en aspectos complementarios; Lage defende o uso do blog coma elección personal; Un lugar onde sin a obligatoriedade de facer campañas, o creador pode reflexionar no tocante ós temas que lle parecen relevantes e expresar a súa opinión fundamentadamente; Prieto acercouse ó concepto das campañas electoráis dunha forma más práctica; O uso das redes sociáis e a súa potencialidade.
Comparto a complementariedade dos dous enfoques, pero, si ven entendo que a información debe xenerarse, o coñecemento ten que agregarse... permítanme coma estudiante de Administración de Empresas, Especialidade en Márketing, que comparta o punto de vista de Prieto con maior paixón.
Tamén porque é o que nos toca a cada un.
Os xeneradores de coñecemento, de vertebración ideolóxica deben ser os Políticos, coma representantes, e os Órganos pertinentes (non digo que os militantes non debamos aportar... pero si cada un fai o que mellor sabe ou o que pode facer...). Os difusores da información, e ahí me encadro como usuario desta rede social debemos cinguirnos ás normas do márketing si pretendemos que o impacto das nosas mensaxes sexa efectiva. A Economía non é unha ciencia... pero dende logo profundizou moito nos aspectos da mercadotecnia. A lonxitude das mensaxes, o único concepto forte que se debe transmitir, o número de impactos necesarios para que sexa efectivo na memoria... É un traballo precioso, e sin embargo atopas o rechazo da xente que ten resistencia a palabras tan denostadas coma "política" ou "ideolixía", pero logo van surxindo persoas que responden, que teñen preguntas, que teñen inquedanzas.... e é ahí onde reaparecen os blogs, para completar a información.
Gustoume moito tamén a intervención de Millán aclarando que foi a través das redes sociales onde a apática sociedade meia americana reaccionou e onde resurxiu o interese pola política. Para finalizar, un apuntamento máis: Comentouse que as plataformas "pro-Obama" seguían enviando mensaxes ós que se suscribiran; Nos en márqueting a iso o chamamos FIDELIZACIÓN, porque "é moito más sinxelo/barato conservar un cliente que adquirir un novo". A ver si vamos collendo un pouco de todo isto, porque si non aplicamos o que sabemos, xogamos como as toupas. Eu non creo que por aplicar un márketing un pouco máis agresivo se perda peso ideolóxico. De esquerdas, si, parvo, non.
¿En que aspecto es más importante mejorar Santiago de Compostela?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario