¿En que aspecto es más importante mejorar Santiago de Compostela?

martes, 17 de noviembre de 2009

A necesidade da participación cidadá para mellorar a sociedade

Veño de ler un interesantísimo artigo: O Novo Socialismo: A Sociedade Colectivista Gloval está chegando ONLINE. Faise nel especial énfasis en que é o impulso dos individuos defendendo e traballando cooperativamente nos seus intereses o que fai milagres coma o que está sucedendo co Software Libre e a sociedade da información.

En internet as xerarquías diluense polo que o individuo toma máis relevancia. Buscando as canles adecuadas a nosa participación pode ser moito más efectiva e non só iso... O feito de que nos involucremos no crecemento da nosa sociedade convírtenos en individuos máis informados e contentos coa evolución da sociedade.

Alí onde nin os gobernos nin o mercado chega, chegan as persoas e si queremos algo, a través de internet podemos localizar a máis persoas cun interese común o noso... "UN VECIÑO 2.0", co que será máis sinxelo que logremos chegar á meta qeu buscamos, o noso ideal ou solucionar certo problema concreto.

É por iso que animo a todo o mundo a que participedes neste blog e en todos aqueles nos que vexades que os vosos intereses poden ser defendidos. Xuntos podemos dirixir a evolución da sociedade cara un futuro mellor para todos. Un saudiño e vémonos na rede!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario